O peor episodio de merda no río, ría, e praia de Cedeira nunca antes visto

6 Xullo 2014 by

A xente que ía e viña polas pontes ficaba abraiada. O río Condomiñas color merda, como que merda era a que baixaba e se espaballaba pola ría ata San Isidro. Chamamos ao 112, á Garda Civil etc… dixeron que todo estaba controlado, que era unha avaría (perdimos a conta das supostas avarías) da depuradora que non depura, pero pola que pagamos incluso a “limpeza” da auga que non consumimos. Non é de tolos, non, e de LADRÓNS cobrar por servizos non prestados. As cousas claras.

Algún veraneante achegouse a nós para advertirnos, na beira do mar, que tivéramos coidado con pisar esas bolas de merda e graxa… démoslle as grazas polo aviso e dixémoslle que levamos moito nesta loita. Que mentres un queren agochar a merda ata que estoupa, nós queremos amañar os problemas, comenzando por investigar dende o principio que pasou con esa depuradora, totalmente insuficiente para as necesidades de Cedeira… e xa nos chegaron comentarios fiábeis, e desacougantes… máis de mesmo, máis merda, neste cazo (si, cazo), posiblemente haxa máis merda que no río. Para sair de dúbidas, investíguese.

Bolas, merda e graxa rio e praia de Cedeira, en pleno comezo do verán de 2014

É tan indignante e sobran os comentarios.

Agardamos que as forzas de seguridade e de control ambiental e sanitario, así como as fiscalías actúen contra este FLAGRANTE DELICTO AMBIENTAL que non pode quedar impune unha vez máis.

Ou é que o desleixo da administración está por riba das leises…?

BASTA XA DA ARROGANCIA PREPOTENTE!

Nós seguiremos atentos aos acontecementos, probablemente saian na prensa dicindo que non pasou nada, pero fixemos moreas de fotos e vídeos, e o fedor témolos ata nos dedos que escriben isto, pois non deu tempo nin a lavar as mans.

PD.- Dado que en todo o tempo que estivemos na praia e río ningunha autoridade prohibiu (nin veu), RECOMENDAMOS NON bañarse polos menos nuns días, a ver que pasa, se fan analíticas científicas e non de comenencia, e velos datos.

 

 

 

Remataron as obras na praia da Madalena. Seguro?

2 Xullo 2014 by
Sen comentarios. (Fotos de Galiza Nova Cedeira).

Desfeita impune, sobran comentarios. (fotos de Galiza Nova Cedeira)

 

Hoxe publica a La Voz de Galicia na súa edición de Ferrol un artigo onde di que remataron as obras na praia da Madalena (premer aqui). Di que se “invertiron” (nós dicimos desbaldiron, tiraron ao mar, iso non é investir) 250.000 euros na citada obra, na que finalmente “non houbo” que dragar area da ría segundo os responsábeis da Demarcación de Costas en Galiza e do Concello de Cedeira.

Velaí van algunhas cuestións de sentido común a ver se alguén as responde:

  • Se non houbo que sacar area da ría, pero foron quenes de rechear a que faltaba para facer un tobogán que suavice o cantil durante o verán… de onde saliu esa area? Maxia popular?
  • Toda maxia ten truco: A area que temos agora no tobogán era a que no inverno pasado estaba inaccesíbel ao mar bravo no alto da duna. Xa o ano pasado dixemos no Olláparo que podían argallar canto quixeran pola beira, sobre todo limpar os pelouros polo risco de accidentes, pero que non tocaran a duna alta sen facer antes os preceptivos estudos. Nin caso. Temos moreas de fotos onde se ve que o que fixeron foi espallar a area alta e facer un tobogán que durará o que tarden en vir os temporais.
  • Por sorte, non dragaron os fondos da ría… Estamos convencidos de que as concentracións, actos e denuncias sólidas e argumentadas feitas en marzo e abril tanto por SomosCedeira e ADEGA, como xuntos có BNG, Esquerda Unida, ANOVA e Galiza Nova serviron de moito ata o punto de que Costas veuse na encrucillada de enlearse xudicialmente ou recuar. Recuou.
  • Non punto anterior debemos recoñecer que botamos de menos o apoio de máis forzas de Cedeira, de máis colectivos, pero todo se andará. O camiño iniciado é irreversíbel. Os que “mandan” non o recoñecerán xamáis, pero tanto nos ten: acadamos que a ría de Cedeira non fóra violada impunemente, saltando as leises unha vez máis. Se a ría de Cedeira é reserva mariña, eo para todo.
  • Ademáis, como dicia o cantautor Joaquín Sabina, pasará o verán, e “o outono durará o que tarde en chegar o inverno”. E cando este chegue, os primeiros temporais atoparan acceso a unha area á que antes non acadaban por estar no alto, e irán sumindo nela. Agás que o vindeiro inverno sexa frouxo, un día calquera asomarán de novo os paus que chantaron nas parte máis alta, onde xa non facia falta pois nin os peores temporais destes duros invernos foron quenes de escarabellar neses niveis. Trapalladas impunes cos nosos cartos.
  • Entón, para que serven os tronquiños? Para nada, ou para moi pouco, agás a medio-longo prazo co ascenso do nivel do mar por mor do quencemento global. Pero non serivrán de nada nos temporais destes anos inmediatos, habendo ademáis un dano complementario: o cantil será máis baixo porque a area que tiña espallárona nestes meses para facer o fuxidío tobogán estival.
  • O tempo o dirá e poderemos reler este post: No inverno asomarán de novo os paus, o noiro será baixo ao faltarlle a area que irresponsablemente se quitaron á duna e puxeron nos niveis baixos a disposición do mar. Xa que logo, cómpre preguntarse que farán nos vindeiros anos, pois xa non poden seguir rabuñando area do noiro ao haber menos, ¿de onde a van a quitar?
  • Tamén nos preguntamos en que medida esta actuación interviu nas CAUSAS REAIS do problema? En ningunha. Só é un apaño estético mal feito de duración moi limitada, xa que logo, de 250.000 euros investidos nada: DESPILFARRO PURO “A CAZOS”…
  • Outro aspecto moi importante é: Se ían a desbaldir todos eses cartos (que según as hemerotecas incluía o dragado de parte da ría), e ese dragado non é gratis nin se fixo, cabe supor que estaría orzamentado. Xa que logo, tiveron que sobrar cartos, moitos, porque incuestionábelmente dragar sería unha intervención moi cara, pola enerxía e medios que require. Podería alguén explicarnos onde van eses cartos froito do non-dragado final?
  •  Se a resposta é que se gastou esa animalada en chantar troncos e destragar a duna alta, entón mellor que calen, non os vaian a escoitar dende instancias xudiciais… Para iso darlle traballo ás empresas locais, que non saberemos facer avións, pero chantar troncos e espallar area si, e moito máis barato…

Vergoñento, e coma sempre de xeito arbitrario e sen ter en conta aos axentes sociais e á veciñanza. Cando chegue o inverno, e con el os temporais, teremos tempo para facermos as contas, informar ao pobo, e que el decida, en maio, cando teñan a oportunidade de votar nun sistema cada vez máis viciado, ata que todo estoupe.

Non se pode ir de arrogantes pola vida, interpretando a vida política como a suma de intereses particulares, senón por accións sensatas polo ben común, sen perder nunca de vista que os que gobernan non mandan, manda o pobo e deben facer aquilo que dixeron e polo que foron elexidos.

PD.- ¿Qué foi do surrealista proxecto de facer un dique dende o río ata a altura do bar de Ramón? Fixemos alegacións xunto con ADEGA e nunca máis soubemos. Na web do MAGRAMA tampouco hai nova algunha. Está claro que fan e desfán como lles peta. Ollade a foto ao pé para lembrarvos ou revisade este blogue.

“A lei non é outra cousa que a comenencia do máis forte”, frase atribuída a Platón. Pero: ¿son realmente os máis fortes?

Plano de Costas do proxecto de outono de 2013

Plano de Costas do proxecto de outono de 2013

 

 

SomosCedeira cumpre un ano nesta noite meiga

23 Xuño 2014 by

20140623-090048-32448590.jpg

Na noite meiga do San Xoán, cando os únicos lumes do ben común, da socialización, se espallan por Galiza, SomosCedeira, a modesta plataforma virtual que medrou ao abeiro das novas posibilidades brindadas polo chamado internet 2.0, cumpre un ano.

Non imos facer balance algún. Neste mesmo blog, quén o desexe, non ten máis que botarlle unha ollada á ringleira de entradas, para ver que traballar, traballamos arreo.

Porén, tamén é certo que apenas nada acadamos (na tesitura do absolutismo que vivimos a todas as escalas), pero informamos á xente de Cedeira de moitas cousas que acontecían, fixemos denuncias personais, cos nosos propios nomes, e tamén accións conxuntas, no só nos teclados, senón na vida real, e coa revista Ollaparo de Cedeira e a esquerda real, galeguista e nacionalista.

O verán pasado o traballo foi frenético, logo paramos tres meses e volvimos máis amodo, sabedores que a chave deste rompetestas non a temos nós.

Tédela vós, que tamén sodes/somos/cedeira.

Fomos os primeiros en pechar textos dicindo “todos podemos todo”, e así segue sendo, malia que agora esa expresión pode vencellarse a historias alleas á nosa andaina.

Non agardábamos durar tanto neste “experimento”, pero aqui estamos: Cedeira foi pioneira nun novo xeito de democracia participativa incipiente e a semente prendeu. Menos contabamos aínda con acadar máis de 15.000 entradas no blogue, ser citados en medios de prestixio, centos de amigos nas redes sociais, etc… Así que seguiremos. Preséntase un verán movido polo desleixo das autoridades incompententes, un inverno duro…

Grazas por seguirnos e polos azos recibidos para continuar cando as malleiras da prepotencia arrogante do mediocre poder nos deixaba baldados.

Pero virá a primavera. Para todas e todos.

Grazas!!!

SomosCedeira – Catro Ghatos Team

20140623-174148-63708032.jpg

Soberano, Magno e Felipe. E Bourbon de jarrafón na anestesia futboleira

16 Xuño 2014 by

20140616-193721-70641691.jpg

Fai un par de semanas fixemos uns cálculos sobre canta xente, que hoxe en día é votante, puido votar cando foi a constitución (aínda) vixente… Un documento transicional que se volveu perpétuo, pois os que ata agora eran os grandes partidos políticos non tiñan intención algunha de cambialo nunca, por algo será, e non será porque o que di se aplique, non: Dereito ao traballo, á vivenda, soberanía do pobo… un cachondeo.

Os tertulianos andaban perdidos no de sempre: se son galgos ou podencos. Porén, non se falaba do esencial: canta xente hoxe votante puido votar aquela constitución tremendamente condicionada nada menos que pola ameaza do exército…

Foi un apaño con vistas a facela ben cando se puidera. O caso é que hoxe en día non son o problema as forzas militares, na súa inmensa maioría compostas por xente nacida e crecida en democracia.

Pero, orredor dela creouse unha casta hermética de parásitos que son aos que agora non lles convén facer reformas, ou ningunha constitución… pois a forma e tipo de estado ou estados debe decidila cada pobo, soberano ata nesa constitución que nos venden, a base de repetilo mil veces, como unha verdade incuestionábel en base a qué? Á tradición? Á revelación? Á autoridade? Dogmas de fé, e de anacronismos medievais.

Claro que cando Merkel e a Troika dixeron “cambiade a constitución para pór uns topes de endédedamento”, levoulles ao tandem “dous exgrandes consentidos do estado” dez días mudar unha carta supostamente intocábel, con moito de falaz pouco, nada, de magna.

IMOS COS DATOS

Por fin uns parlamentarios, non do goberno nin os amigos “consentidos do estado”, fixeron os números, e velaquí os tedes, nidios, e cadran co que dixemos fai unhas semanas, pero agora dito por eles:

- 6,4 de cada dez votantes actuais non puideron votar a constitución dos anos 70.
- Do resto, redondeando, semella que de entre todos os votantes actuais, só 2 de cada 10 votaron que si.
- Deses 2 de cada 10, 1 ten máis de 70 anos e outro entre 55 e 69.
- Ningún ten menos de 54 anos.

OPCIÓNS RAZOÁBEIS

As cifras “aconsellan” abrumadoramente preguntarlle ao pobo. Parece evidente, non si? As preguntas deben ser significativas das preocupacións reais dos pobos que conforman, á forza ou non, o estado español actual, polo que deben ter apertura de miras, sen trampas. E a “outra” opción, será seguir na liña FORZOSA dos coñacs e dos cantantes setenteiros, de Soberano, a Magno, e a Felipe…

Pero a casta oligárquica debería pensalo ben, o pobo cansouse e por primeira vez a suma dos ex grandes non chegan á metade… A cousa pónse seria. O latrocinio da plutocracia tocou fondo. A xente ferve e eles nas mesmas, coma si nada… Sesto pode que repita a historia do seu abó, ao ser os paralelismos actuais cos de fai cen anos abraiantemente semellantes…

O mellor, que o fagan ben: que o pobo fale, e que fale todo, non só as preguntas medidas.

Faránno? Non. Pode haber lío… Pode. Por facelo mal puidendo facelo ben.

EN PLENA ANESTESIA FUTBOLEIRA

Xa nos colaron a privatización de AENA o grandioso día do España Holanda, e ao día seguinte ninguén falaba da chanchullada, senón que xurdiron de súpeto milleiros de entrenadores de fútbol de tasca.

Agora, cando toda a xente ande falando do Chile España do día anterior, colócanos de esguelle e tapadiño, un rei nada menos. Sen preguntarlle nada a eses 8 de cada 10 que non puidemos votar no ano catapún. Nin aos rapaces que nuns anos terán que herdar a xestión dun país devorado polos que agora queren vendernos un coñá barateiro, un bourbon de jarrafón…

Moi mal. E a xente estase dando conta de tanto conto…
Sabedes cantos “pais” desa constitución quedan vivos? TRES ancianiños…
Andan a xogar con lume, eles verán…

20140617-080546-29146947.jpg

A gran estafa brasileira. Nin FI nin FA…

13 Xuño 2014 by

20140613-190041-68441281.jpg

Este é un post global, dende o local.

Respectando a quenes lles gusta toda a parafernalia de desbaldimento corrupto da FIFA, con sede en… Suiza, claro: intocable. Hai unha evidencia, que non é unha opinión, pois son cifras. Cifras económicas. Como é posible que unha organización sen ánimo de lucro ronde os 1.000 millóns de euros…? Pero son “reservas”, dixo o caradura impresentábel corrupto de Joseph Blatter a “The Economist”.

Velaí vai: a Copa do Mundo, que pasou de ser un deporte a un negocio ata o punto de que é o único deporte no cal nas Olimpiadas os países non mandan aos mellores deportistas (xa nin se lles chama así, senón “xogadores”, rechamante). Ata no baloncesto, dende fai anos os EUA envían ao millorciño, os dream teams da NBA, da ACB, etc… pero no fútbol non. As seleccións de multimillonarios máis excentricos que “o artista que se chamaba Prince” nos 80, so van onde se moven millonadas… do pobo, coma sempre. E, coma sempre, o pobo veña a aplaudir e chorar por un gol como se lle tocara a lotería, cando nada lle tocou. Pagar, se acaso.

Mentres, xente olímpica, grandiosa, coma o máximo medallista do estado español, o piragüista galego David Cal entrea duramente, sen apenas medios acordes ao seu nivel, sponsors… en fin.

O timo máis grande do Mundo

O 95% dos ingresos papaos o gran ladrón: Blatter e os conselleiros da FIFA. Para Brasil queda o que vendan aos que van ao mundial, cervexas e camisetas. E tamén limpar os mexos e os vómitos dos hooligans europeos, que non todos son ricos, pero prefiren pasalas canutas o resto do ano, e agora delirar cun gran negocio, a relixión do futbol, camiño de superar á católica en hipocresía, que non se cortan en pasar a boeta ás beatas, mentres unha columna da praza de san pedro na súa inédita cidade estado daría para facer varios hospitais, escolas e créditos blandos a pequenos negocios. Traxedia e hipocresía, como dicia o noso medio galego, miúdo máis enorme Manu Chao.

Para iso, desafiuzaron poboados indíxenas e ampliaron aeroportos e autoestradas. E despóis din que as infraestructuras quedan… MENTIRA. Se non se manteñen queda só a corrosión da corrupción do capital. Lembrade como quedaron as “expos”, etc… Desertos de cemento cheos de silvas e malas herbas. E goberna o Partido dos Trabalhadores… Incomprénsibel.

Pero ao final: cantos ides apagar a tele ou cambiar de canle cando emitan futbol? O dedo para enrriba ou abaixo do emperador trocouse pola espada do toureiro e polo gol do futbol. Seguen anestesiando ao pobo con pouco pan e moito circo, nada mudou en 2.000 anos. Serán os tempos chegados?

Unha revolución é verdadeira se tras dela vai deixando unha ringleira de escolas, hospitais, política social, atención aos máis necesitados, e sempre, xustiza. Senón, non é unha revolución, é un mundial de fútbol.

Dedicado aos que critican, sen ter idea, o idealismo e á vez pragmatismo que guiou os primeiros pasos na Sierra Maestra, por exemplo. Tranquilos, moitos non saben xa nada diso, nin de Vietnam, nin de Tiananmen, nin da inoperancia en Sarajevo fronte á hiperactividade en Irak ou Libia, ou agora a vergoña en Siria, ou Gaza. Para iso vale o fútbol, para que o pobo non se fixe neses detalliños.

Panem et circenses.

20140613-190401-68641481.jpg

Dias de Barandilla y Criollos

29 Maio 2014 by

Baixando de San Antón, revisa os freos, cameón :)

Baixando do Santo Antón, revisa os freos, cameón :)


 
Hola mis wild nuggets de pollo!
 
Veo en los  muros de feisbuk de mis amigas Cerito, Piluca y Solita, que Cedera reluce como las criadillas del sr Bronson en el día de la Patrona. El pailanismo ilustrado, movimiento estático de obra y pensamiento, está en su momento culmen, en el que las buenas gentes queremos perpetuar nuestro dominio sobre la chusma (clase baja y dócil), por obra y gracia do ladrón das patacas y nuestra Señora de la Zona Azul. Vivimos en una segunda edad de xurro en nuestra villa, donde las barandillas, los parquímetros, las reducciones taximotrices, y las obras en la playa de la mar da leña nos devuelven al siglo XX, del que no debimos salir nunca, como bien me dice Solita tras nuestro paseo mensual pre-operación bikini.
 
Estamos algo estarrecidas por la cantidad de fenómenos poltergueirescos que se desarrollan frente al Cristo Redentor de la Criollo Square: jardineras que desaparecen por obra del Esprito Santo y barandillas que  medran cual diseño de Cala-traba, donde todo apunta maneras a que podremos atar y abrevar a las mismas bestas de la capelada sin abandonar esas terracitas espontáneas en las que nunca se pone el sol.
 
Cómo hemos ganado con el cambio de alcalde! Si el anterior era hercúleo éste es un titán de papel de lija, imperturbable y al que no le tremen las canillas cuando sus pepitos grillos le sugieren mierdas como mundos…queremos a los Braidi en la cúspide local per sécula seculorum!!
 
Las cuatro fantásticas del “time goes by so slowly” hemos decidido perpetrar un acto de agradecimiento a nuestros gobernantes por su osada intervención urbanística, donde al ritmo de los Limones y de otros clásicos populares de las fiestras patronales, fronte al riló de Caixa ghalisia, bailaremos con nuestros cuerpos ungidos en aceite  de motor y cubiertas por banderas pre-constitucionales, para que así vean cómo la ancianidá agradece y mucho estos gestos que humanizan a nuestros afines indígenas de la Xunquera para riba. Al público asistente le osequiaremos con bola de azúcar hecha por Solita y gintonis de marca blanca, y si sopla mucho el nordés el acto cultural se trasladará al Centro de Salú.
 
Bicos y alfajores!
We will bacK!
Charito Bronson

O cheirume de onte na ponte vella

29 Maio 2014 by

 

This slideshow requires JavaScript.

Colaboración de Iago González Bellón:

Ontes, despois de cenar, coma tantas veces desde que estou desempregado, fun dar un paseo ata a punta do muelle, unha práctica que todo o mundo que é ou estivo en Cedeira fixo varias veces. A miña amiga Andrea e máis eu estabámos a cruzar a Ponte Vella cando ela co seu acento americano me preguntou qué era ese cheiro, correndo asomeime para ver o río dende a ponte e vin baixar a auga dunha cor gris que nunca lle vira fora da EDAR.

Eu son técnico de Medio Ambiente, e sei perfectamente cales son os problemas que conleva que se vertan directamente augas negras a una ría, xa non só porque o marisco da ría morre e se intoxica, senón porque a día 1 de xuño ábrese o baño nas praias.

Os piares da nosa economía son o mar e o turismo, e isto afectanos directamente a todos. Imaxinade por un momento que isto non se soluciona e que durante o verán os turistas non se poden bañar na Praia da Magdalena. Eu si son un madrileño, ou un ferrolán e me entero de que en Cedeira non te podes bañar na praia xa nin se me ocorre alquilar alí un piso no verán, ou ir a pasar alí un día familiar.

Á volta do paseo íbamos a cruzar a Ponte Nova e o cheiro era insorportable, casi diante da porta do famoso “Juan Alitas”, que no caso de non solucionarse, pronto veráse afectado coma outros moitos bares e veciños da zona se isto segue a pasar.

Eu non sei si é polo colector, si por problemas de filtración de auga mariña, ou si é porque non existe una red separativa de augas pluviais. Eu só penso que si se gastan en torno a 8 millóns de euros nunha depuradora hai que pensar moi ben si vai ser suficiente, xa que una depuradora é algo co que non se pode xogar á lixeira, non son unas simples excavadoras nunha praia dezmada polos temporais.

A nosa EDAR de 8 millóns é unha das que posúe ata tratamento terciario, con filtro de raios UV e microfiltración, e que pode atender una poboación equivalente a uns 10325 habitantes. Pero digo eu, que si agora non é capaz de realizar o seu traballo, ¿cómo vai ser capaz de realízalo cando no verán sexamos cerca de 14000 habitantes?

Os datos e os feitos están ahí, pero as solución brillan pola súa ausencia, e maio está a acabar…

Iago González Bellón

OBNIs na praia de Cedeira. Abraiante testemuña dun/ha socorrista

24 Maio 2014 by
OBNIS na praia da Madalena

OBNIS na praia da Madalena, o 23 de maio de 2014

 

Pois xa vedes. Temos de novo testemuñas de presenza de OBNIs (obxectos bola non identificados) na praia da Madalena. Feden, non se sabe de onde veñen, pero estar están aí. Xa que logo, temos un problema sen resolver dende fai anos…

ABRAIANTE TESTEMUÑA DUN/HA SOCORRISTA:

“Eu estiven traballando de socorrismo na praia, (xa fai) e pasou o mesmo, pero estaba prohibido dicir nada a naide. Eu mais outro compañeiro fumos avisando persoa por persoa… pero cheguei a un home moi serio que me dixo: ¿ti sabes o que estas facendo? Eu dixen: si, avisar a xente de que hai merda na praia… E que teñan coidado cos seus fillos que non a vaian meter na boca. Pregunteille: ¿vostede ten fillos? Non me contestou, só me dixo: “lo que esta haciendo es que nos quiten la bandera azul”. Isto xamais se me olvidará! Ese home traballaba no concello, so lle importaba a bandeira azul e os veraneantes… Pero despois, de ali a unha hora, xa viñeron catro ou cinco traballadores do concello, coas carretillas e as pás a recoller merda….. eu só digo que a min non me fai calar ninguen!

 

Parabéns. Todos/as coma ti e todo amañado.

 

OBNIs e ANESTESIA LOCAL

Antonte, día 22, foi o Día Mundial da Biodiversidade, en dúas semanas, o día 5 de xuño, será o Día Mundial do Medio Ambiente, e o 8 de xuño, o Día Mundial do Océanos. No medio, o vindeiro domingo 1 comeza oficialmente, se non variou nada respecto a anos pasados, a tempada de baño en Galiza. Como sabedes, e se non o sabedes, podedes buscar no caixón de procura co  termo “praia da madalena”, no suposto de que o ano pasado as analíticas de augas deran mal, ao ser o QUINTO ano consecutivo, a praia quedaría pechada ao baño por obriga legal e europea.

Xa podedes imaxinar que “casualmente”, sen facer ampliación algunha na depuradora, nin obra de mellora da que teñamos constancia, a pesar de haber episodios de nenos con dermatite ao saír da praia, auga fedorenta, testemuñas de ter visto restos fecais coa vista e co olfato… Ben, pois con todo iso, según Sanidade (a mesma Consellería que nos dixo o ano pasado que ía sancionar ao Concello por non poñer os cartaces de aviso que manda a UE), resulta que saiu todo perfecto. Mellor imposible: de súpeto, está todo perfecto, sen facer nada. E listo. Amañado: praia aberta, e “sálvese quién pueda”.

Repetimos o que dixemos sempre: o que estamos contando á veciñanza é de gravidade suficiente como para que, de ser mentira, nos denuncie o Concello de Cedeira ipso facto. ¿Por qué non o fai? Primeiro, por que temos a razón. Segundo, por que temos probas de que temos a razón. E se non é así, veña: a denunciarnos! Máis claros non podemos ser.

O Seprona está investigando e sabémolo ben.

 

QUEREMOS TURISTAS E QUEREMOS DALLES AS MESMAS GARANTÍAS QUE A NATIVOS: TODAS

Que non confundan máis á xente. Xa está ben. ¿Cómo imos querer danar o turismo da vila? E que mellor fornecemento que afrontar os problemas no canto de agochalos. Poderlle dicir a nativos e visitantes: bañádevos e divertídevos, porque esta auga está sana, e a praia limpa, e un servizo de socorristas acorde ao número de bañistas. Así se fan as cousas e non hai outra vía: FACELAS BEN.

Pero non. 2014 será outro ano de incertidumes, de a ver se hai sorte, de onde vén o vento, a ver se non desborda a depuradora (que non veñan coa leria do tanque de tormentas por favor, que parece que non saben nin que é, pois no verán non faría nada). O calor e o aumento da poboación fan o resto: máis auga a depurar, procede máis axiña… e a flamante e minúscula EDAR pide papas…

¿Que miden as analíticas?

Isto debe sabelo a xente. Só se miden as bacterias fecais: Enterococos intestinais e Escherichia coli.

Ténse en conta se a marea sube o baixa, o punto de mostraxe etc…? Non. De feito, ata o de agora medíase, agás cando mediaba denuncia, na zona da Volta, e se a marea estaba baixa ou enchendo, sería sorprendente que dera nivel alto de fecais… Non se miden parásitos, virus nin outros tipos de bacterias, e as que se miden, xa vedes. Nin sequera teñen establecidos dous ou tres puntos, como en praia da lonxitude semellante… ao mellor é para non complicarse a vida, non vaia a dar algo malo… Entón facemos como co avestruz que agocha a cabeza sen decatarse que deixa ao ar o cú. Dito isto, os técnicos que fan as análises non teñen nada de culpa, fan o que lles manda de enrriba, de onde incluso se cambiaron os límite de fecais por criterios políticos non científicos. ¿Abraiante? Si, pero así foi, todo para que de “positivo” algo para o que abonda con ter un pouqiño de olfato, ou vista, e ver que NON vai ben.

Bandeira azul si, e branca

O da bandeira azul -que concede un organismo privado- poden metela por onde lles pareza. A nós gostaríanos que ao pé da praia volvera a ondear a bandeira verdadeira que representa a praia, a terra, o mar e a xente: a bandeira azul, e branca. A bandeira de Galiza. ¿Por qué non a poñen? ¿Non son galegos? Poñan unha “neutral” se queren, pero que os veraneantes saiban que está en Cedeira, unha terra de Galiza, sería algo bó e orgullo do pobo.

 

Enlaces á normativa:

1.- Informe praias de Galiza – Conselleria de Sanidade – Cedeira, páxinas 91 (Arealonga: boa) 92 (Madalena: ¿suficente?)

2.- Directiva 2006/7/CE daUE calidade de augas de baño

3.- Real Decreto 1341/2007 sobre a xestión da calidade das augas de baño

4.- Lei 8/2008 do 10 de xullo de saúde de Galiza

5.- WEB do SERGAS con información sobre as praias

 

Cedeira… ¿sin irregularidades? Concello: Coa auga non se negocia!

22 Maio 2014 by
Cedeira ¿sin irregularidades?: Coa auga non se negocia!

Cedeira ¿sin irregularidades?: Coa auga non se negocia!

 

Como é habitual, dende o Concello de Cedeira despachan hoxe unha nota de prensa cunha alegría máis propia do tonto Simón que dun equipo serio e profesional. Fan como que non teñen nada que ver, cando o contrato con Aquagest (Viaqua) está en VIGOR, polo tanto, non poden xamáis agocharse en que foi asinado tal día, ou que perdeu outros dous, e lerias para marear…

A cousa é nidia e clariña:

1.- Hai unha investigación aberta no marco da operación Pokemon, e a única persoa que decidirá se hai ou non irregularidades será o xuíz/xuíza que leve a instrucción desta boa peza, e de habelas, imputación, declaracións, e se cadra, acusación e xuízo.

2.-Estando (como está) baixo segredo de sumario moitas partes, e ao estarse prácticando dilixencias acotío -en toda Galiza- respecto a Aquagest e a súa forma de “gañar” concursos… Entón ¿cómo “sabe” o alcalde que Cedeira non está sendo investigado? Moi sinxelo. NON O SABE.

3.- Abraiantemente, incluso se fala na nota de prensa de “contratos de obra”… ¿Onde está a obra? ¿Qué obra? Será un contrato de SERVIZOS non de OBRA… Esta metedura de pata é de nota, e denota tamén o nivelón que habemus en dereito público…

4.- Se realmente desexan achegar luz e taquígrafos dende o goberno municipal, téñeno moi doado: usen a web municipal para algo útil, como para poñer todas as ordenanzas, etc… así como o  perfil do contratante, onde calquera veciño/a poida descargar os documentos relativos a todos tipo de concursos (contratos de obra, de servizos, de suministro, concesións, etc..)

 

O problema real subiacente: coa auga NON se negocia

Ao marxe do breve comentario sobre a nota que sae hoxe na Voz de Galicia edición Ferrol, non perdamos de vista que en Cedeira estáse a cobrar cotas de consumo mínimo de 45 m3 en pisos e 60 m3 en baixos, máis o tratamento na fabulosa EDAR que temos desa auga inexistente… Isto é a pinga que verte o vaso, e cómpre poñelo en coñecemento das autoridades para proceder rescisión do contrato, e remunicipalizar as augas e o lixo (ambos os dous, os servizos privados máis caros de Cedeira: ¿en beneficio de quén?).

Estas empresas están xerando un INADMISIBLE LUCRO NUN BEN BÁSICO (AUGA POTÁBEL E HIXIENE PÚBLICA), lucro que doutro xeito (xestión municipal directa) non habería, e redundaría en mellores condicións laborais, e tamén mellor servizo, cousa que tamén demostraremos noutra entrada nestes días: O MITO DAS PRIVATIZACIÓNS.

 

Velaí tedes os dous artigos escritos en xullo de 2013, nada mudou, nadiña:

 

Artigo 1.- PREMER:  A xestión da auga en Cedeira vai contra a Directiva Marco da Auga, ao non promover o consumo sostible.

Artigo 2.- PREMER: A tarifa cun consumo mínimo: ¿a quén beneficia? Lucro dun ben básico do pobo?.

 

A “xestión” da aúga potábel en Cedeira: Fede, e non é a auga…

21 Maio 2014 by
ADUANAS IRREGULARIDADES CEDEIRA Titular

Fonte: La Voz de Galicia

Fai uns días falabamos nas redes sociais que algo se estaba movendo en torno á empresa AQUAGEST (VIAQUA) que conseguiu que un ben común de primeira necesidade -AUGA DÓCE- fóse privatizada polo Concello de Cedeira no canto de ser xestionada directamente dende o eido municipal, como TODO ben básico.

Hoxe confírmanse as sospeitas (PREMER AQUI: Aduanas detecta irregularidades en Cedeira, operación POKEMON). Xa en febreiro houbo inspeccións, e todo apunta a que algo raro pasa “supostamente”, malia a negación co procedemento habitual do Concello “todo va bien”.

Por ese motivo, por primeira vez imos repetir dous artigos de xullo 2013, hoxe un, e nuns días o segundo, sobre a auga potábel en Cedeira e a súa extraña xestión, e aínda máis extraño como o gran parte do pobo de Cedeira PAGA POR AUGA QUE NON CONSUME E INCLUSO POLO TRATAMENTO POSTERIOR NA EDAR DESA AUGA QUE NON SE CONSUMIU. ABRAIANTE!

Tamén falaremos dos mitos das privatizacións, dito isto por fontes dos EUA, así que libres de sospeita de seren descalificadas por intereses “políticos”. Falamos coma sempre: con argumentos e datos. Que nos respondan do mesmo xeito.

PEDIMOS aos partidos políticos na oposición que soliciten copia dos pregos técnico e administrativo, así como das melloras propostas pola empresa “gañadora” do concurso, AQUAGEST (VIAQUA). E PEDIMOS que en canto os teñan se fan o favor nolos fagan chegar a SomosCedeira, para procurar analizalos polo miúdo e INFORMAR AOS CEDEIRENSES.

URXE REMUNICIPALIZAR os servizos básicos, lixo, auga… así como revisar as tarifas dos parques eólicos, por turbinas, kw/h de producción, etc… pero TEN QUE REVERTIR no pobo de Cedeira.

Xa está ben, SomosCedeira fará o único que pode facer, informar e a ser posible poñer sobre as pistas aos partidos políticos nos que prevalece o BEN COMÚN sobre os intereses persoais.

LEDE ESTE POST, POR FAVOR, MERECE A PENA. NUNS DÍAS, O SEGUNDO:

A auga en Cedeira, contra a Directiva Marco da Auga da UE ao non fornecer o consumo sustenbábel

AGest

De todos é sabido que fai falla un cursiño avanzado para entender os diferentes conceptos que se describen nas facturas de bens básicos como a electricidade ou a auga. Tanto é así, que a meirande parte de nós só miramos a cifra final, e agás que sexa algo desorbitado, calamos, pagamos, e punto.

Pero resulta que no caso de Cedeira estánse dando casos tan abusivos que decidimos explicalo en dúas partes, a primeira, dedicada ao que acontece na actualidade, e na segunda, ás posibles propostas no marco das leises (menos mal que Europa presiona…) para rachar con este abuso.

Para que sexa doado de comprender, sen enlearnos na normativa, veremos dous casos concretos basados en datos REAIS: Un piso e un local comercial que apenas precisa auga para a súa actividade, como unha tenda calquera. Daremos datos concretos, e coma sempre con documentos na man, polo que, aínda que soe arrogante, non o é: o que imos dicir é irrebatible no mesmo grao que abusivo.
Segue lendo…


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 825 segidores

%d bloggers like this: