O baño na Madalena segue sendo NON RECOMENDABLE

22 Xullo 2015 by

Web de Sanidade - Xullo 2015

 

IMPORTANTE:

Ante as novas publicadas hoxe e onte sobre as augas de baño da praia da Madalena en Cedeira, queremos informar, polo ben da veciñanza e visitantes, que aínda que as medicións puntuais den resultados dentro dos límites legais, isto NON afecta en absoluto á cualificación de INSUFICIENTE para toda a tempada, como erróneamente se está dicindo.

Como podedes ver na captura de pantalla feita hoxe na web de Sanidade, a propia Consellería di “Recoméndase non bañarse nas praias con clasificación sanitaria insuficiente”.

Polo tanto, NON e certo que xa non exista a recomendación de non bañarse. Segue existindo ata o 30 de setembro, fin da tempada de baño.

Non podemos agochar a realidade legal, e menos en temas sanitarios que poden afectar á saúde pública. En 2013 tamén houbo datas de resultados “normais”, porén déronse casos de dermatites en nenos.

Animamos a quen desexe afondar no tema que busque neste mesmo blogue de SomosCedeira co termo “baño”, e obterá moita información do derradeiro verán INSUFICIENTE, en 2013.

LIMPEZA DA PRAIA DA MADALENA DE CEDEIRA ESTE SÁBADO 6 DE XUÑO

4 Xuño 2015 by
Praia da Madalena, xuño 2015

“No verán os cans non poden ir a praia… os porcos poden ir cando queiran” FBook de David Pérez Sánchez.

 

Será ESTE SÁBADO 6 de xuño dentro da IV Limpeza simultánea de praias en toda Galiza con motivo do Día Mundial dos Océanos. Únete e limpa a túa praia!


 

Entullo e lixo.Foto: A.C

ADEGA convoca  a todas a entidades interesadas a unirse neste evento contra a contaminación mariña. As limpezas poderán celebrarse os días 5, 6, e 7 de xuño coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, pescadores, asociacións de todo tipo, concellos ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental. A xuntanza en Cedeira será o sábado 6 ás 10:30 na Praza Roxa.

 

Praia da Madalena

Adega e Somos Cedeira convidan ás escolas, club de remo e  resto de clubes deportivos, Ampa Picapeixe, mariñeiros, Concello e Confraría, grupos de particulares a limpar o areal da Madalena e denunciar esta problemática ambiental.

Xuntanza: sábado 6 ás 10:30 na Praza Roxa

 

Lixo mariño

O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións…), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.Estes residuos teñen graves consecuencias para a os ecosismeas mariños, máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano enredados ou por inxesta do lixo mariño. Tamén pode afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas, bioacumulativas e persistentes, que entran na cadea alimentaria. Por último outro dos graves problemas asociados a estes residuos, é que provocan perdas económicas importantes, debido a varios factores como son a diminución da pesca comercial, a degradación de lugares aptos para actividades recreativas e turísticas, ou o enorme investimento requerido para as limpezas de praias.

 

MÁIS INFORMACIÓN: Preme aqui > Olláparo.gal

 

BOLAS DE FECAIS E GRAXA: SUMA E SEGUE… TIÑAMOS RAZÓN?

14 Agosto 2014 by

IMG_0023.JPG

IMG_0019.JPG

IMG_0020.JPG

IMG_0016.JPG

FOTOS desta mañá, tomadas no río, na beira norte da praia da Madalena e na estación de bombeo. PROBAS INCUESTIONÁBEIS de que a CONTAMINACIÓN SIGUE PRESENTE.

FOTOS que xustifican a CONCENTRACIÓN CÍVICA do pasado domingo 10 de agosto que tanta xente se obsesionou en desacreditar.

FOTOS que se poden sumar ás que desexen achegar todos os simpatizantes de SomosCedeira na loita polo ben común de CEDEIRA.

FOTOS ou (metafóricos) “disparos entre as cellas” daqueles que no canto de arranxar o problema optaron por tapalo cunha plancha de goma, dos que se empecinaron en dicir que “con eles non ía a cousa”, ou os que dicían que a concentración era un “acto político”, e claro que o era (a defensa do medio ambiente e a saúde).

E por riba de todo, MIL agradecementos aos que sempre creron en nós e no noso traballo, desinteresado, honesto e argumentado.

Agora urxe deixárse de lerias e afrontar unha solución real e que cumpra as estrictas esixencias da UE para 2015, como sinalamos no manifesto, que non, non era un panfleto como podedes ollar e ulir.

Grazas! SE-GUI-MOS

SomosCedeira non escribe panfletos

13 Agosto 2014 by

IMG_1530.JPG

SomosCedeira pregúntase se o manifesto lido na concentración do domingo 10 ten a consideración de “panfleto”, termo de significado despectivo e polo tanto inadmisíbel nunha asociación veciñal ao parecer cunha cúpula que atende menos as achegas dos seus membros activos que, quén sabe…

Tanto nos tén, pero moléstanos que se defina como “panfleto” unha síntese de feitos e leises cun amplo traballo atrás, serio e argumentado, coma sempre.

O manifesto está profusamente documentado e coas citas legais pertinentes. E o cartaz usou o termo “impune” porque asi foi, e se mentimos, que o Concello de Cedeira vaia correndo aos xulgados, non vai ir porque sabe que sairía escaldado… Proba contundente da razón. Lembrade o Tratado de Roma: “Quén contamina paga”… De quén é a miniestación de bombeo? Vaia, pois si.

Así de claro dicimos as cousas, porque as vemos polo miudo antes de publicar. Xamais esbardallamos, proba delo: nada do dito ata o de agora foi NUNCA rebatido. Está claro? Ben.

Finalmente, SomosCedeira preguntou á mesma persoa desa asociación que cando foi en semana santa e dixo que si e que incluso apoia e apoiou. Unha boa persoa, coherente nos ditos e nos feitos.

Agardamos que todo quede aclarado. SomosCedeira mira do ben común, alá cada quén a a súa conciencia, supostamente cívica.

PD.- O manifesto podédelo ler neste mesmo blogue, máis abaixo. Veredes que de panfleto, nada. Non entendemos estas actitudes que lonxe de desacreditarnos, teñen o efecto contrario, según nos vai chegando, mesmo de medios de comunicación galegos, si, alén do Puntal.

Sabemos do que falamos: privatizar non é máis rendíbel que xestionar directamente

8 Agosto 2014 by

IMG_1051.PNG

Hoxe sae na Voz de Galicia unha nota do voceiro do PSOE de Cedeira, da cal discrepamos, respetando por suposto as diferentes opinións.

Nós entendemos que todos os servizos básicos dun ente municipal (auga, lixo…) son moito máis rendibéis xestionados de xeito directo polo Concello, ademáis de dar garantías laborais ao traballadores, permite que o marxe empresarial se aforre e baixen os custes aos contribuíntes.

Para non estendernos neste tema do mito de que privatizar é máis rendible, deixámosvos un enlace a unha web dos EUA, polo tanto libre de sesgo ideolóxico, pura economía técnica: PREMER “In the public interest”

Opinade libremente coas premisas de sempre, cinguirse ao fío da entrada e evitar descalificacións e insultos. En positivo :)

Algúns motivos para participar na concentración contra a contaminación en Cedeira

4 Agosto 2014 by

This slideshow requires JavaScript.

 

Ante o alarmante deterioro da calidade da auga do río Condomiñas, da praia da Madalena, e en xeral da Ría de Cedeira, expoñemos unha serie de iniciativas que cómpre ESIXIR E PREGUNTAR ao Concello de Cedeira, sempre en base aos nosos dereitos legais como cidadáns a sermos informados debidamente [1] :

 

  • ¿De onde veñen as bolas de graxa industrial mesturada con residuos fecais, que están aparecendo con demasiada frecuencia e en cantidades importantes no río Condomiñas, praia da Madalena onde rematan soterradas ou espalladas pola ría de Cedeira?

  • Vendo que estes episodios están asociados a días de choiva, e logo dunha serie de pescudas, parece ser que a orixe destas bolas “supostamente” sería na estación de bombeo do chamado “Parque dos Romeiros”. De ser así, estaríamos ante un fallo grave consecuencias ambientais e polo tanto responsábeis nidios: quén sexa a entidade responsábel desa estación tería que facer fronte ás denuncias e demandas medioambientais: QUÉN CONTAMINA PAGA.

  • Se non nos trabucamos, esta primeira fase do proceso de depuración non está no ámbeto competencial da empresa concesionaria da depuradora senón do propio Concello de Cedeira. ¿É certo? Se é así, as responsabilidades (AMBIENTAIS E DE SAÚDE PÚBLICA) vánse cercando de cara a unha denuncia formal contra a entidade responsábel da estación de bombeo.

  • Desexamos, asimesmo, transparencia coa depuradora conforme ao dereitos que o propio decreto de augas residuais da aos cidadáns: ¿Cal é a súa capacidade real expresada en poboación equivalente? ¿É suficiente para o verán? ¿Será certo que vilas semellantes do sur da ría de Ferrol contan con depuradoras que duplican a capacidade da de Cedeira? Se é así, ¿por qué a nosa vai tanto ao límite? ¿Están sobredimensionadas outras ou está moi axustada a de Cedeira? Algo non cadra: comparade, por exemplo, Ares e Cedeira

  • Se se confirma que a orixe dos desobordamentos é a estación de bombeo, ¿por qué cando se fixo a depuradora non se contemplou a modificación e ampliación desta, no tanto se ía facendo, de xeito paralelo e dacordo coas posibilidades orzamentarias, a imprescindíbel e obrigatoria separación de aguas pluviais, que verten ao río e mar, das que precisan depuración?

  • Ao marxe da precariedade da estación de bombeo, onde todos os indicios apuntan como “Fábrica de BolasFeden”, nos medios saiu o alcalde do Concello de Cedeira en diversas ocasión botando a culpa da contaminación á empresa concesionaria da explotación da depuradora, porén nunca tivemos oportunidade de ouvir a versión dos seus responsábeis. A cuestión NON á banal: Se as culpas da contaminación se cinguen á estación de bombeo, a responsabilidade ambiental do delicto flagrante, nos só ambiental senón contra a saúde pública, sería de quén xestiona ou é propietario da citada estación de bombeo (ver fotos do encabezamento).

  • No  “suposto” de que o titular e polo tanto responsábel fóse o Concello de Cedeira, as DIMISIÓN DEBERÍA TER LUGAR DE INMEDIATO.

  • Para maior desvergoña, logo de padecer unha serie de avarías, a recente calificación como “EXCELENTE” da auga da Praia da MADALENA por un “laboratorio privado”, segundo o CONCELLO DE CEDEIRA, usando como argumento falaz a norma de augas de baño e non a procedente de augas residuais (moito máis estricta), é un ENGANO CONSCIENTE INADMISIBLE tanto aos visitantes como aos propios de CEDEIRA.

 

MOITOS CEDEIRENSES E VISITANTES PREOCUPADOS DESEXAMOS:

 

  • Que se abra unha investigación de oficio polo miúdo pola fiscalía ambiental e forzas de seguridade, vía penal.
  • ESIXIMOS COÑECER se o CONCELLO DE CEDEIRA ten previsto acometer de INMEDIATO para cumprir cos prazos da UE (xa case esgotados) respecto á calidade das augas, a IMPRESCINDÍBEL SEPARACIÓN DE AUGAS: as que requiren tratamento das que non (as pluviais) para que non volvan acontecer os desbordes por choivas fortes, así como optimizar o custe e o servizo de depuración, ao estar pasando por ela auga que non o precisa. O “tanque de tormentas” non é máis cunha chapuza para tapar algo insuficiente, pois una depuradora ben dimensionada cunha rede de augas axeitada non o precisa (afirmación dita por expertos na materia).
  • ESIXIMOS INFORMACIÓN CONTRASTÁBEL Á VECIÑANZA: O cumprimento estricto do Regulamento Marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais de Galiza (Dec. 141/2012) e esiximos copia dixital -conforme á norma anterior- do inventario e programas de conservación e actas de inspección que deben facilitarse en soporte informático a “Augas de Galicia”, cuxos contidos mínimos están nidiamente definidos na normativa vixente, co fin de determinar as accións a desenvolver. MOI IMPORTANTE coñecer ao través dos informes legais que aconteceu coa ESTACIÓN DE BOMBEO DO PARQUE DOS ROMEIROS, “presuntamente” municipal.
  • ESIXIMOS QUE A INFORMACIÓN CITADA SEXA ACCESÍBEL NA WEB do Concello de Cedeira, así como as ordenazas e demáis datos útis, alén da propaganda turística, e deste xeito usar as tecnoloxías ao servizo do pobo, na sociedade da información.
  • ESIXIMOS COPIA DA ORDENANZA MUNICIPAL DE AUGAS: O art 31.4 da Ley 9/2010 de Augas de Galiza esixe a elaboración da citada ordenanza, dando o prazo dun ano, vencido no outono de 2011… Xa que logo ¿ONDE ESTÁ ESTA ORDENANZA? ¿EXISTE? Se non existe estamos ante una “suposta” ILEGALIDADE…
  • ESIXIMOS A ELABORACIÓN CONSENSUADA DUNHA “ORDENANZA DE VERQUIDOS E DO SERVIZO MUNICIPAL DE SANEAMENTO” no Concello de Cedeira: Resultan inaudito que (segundo consta na web da Deputación da Coruña), Cedeira carece de regulación de algo tan imprescindíbel como o ciclo integral da auga, agás que esté agochada nalgures.
  • ESIXIMOS A REMUNICIPALIZACIÓN DO SERVIZO INTEGRAL DE AUGAS EN TODAS AS SÚAS FASES E A SUPRESIÓN DOS CONSUMOS MÍNIMOS: Deste xeito daríase cumprimento ao espírito da Directiva Marco do Auga UE, para fomentar o uso sensato e sostible da auga. A remunicipalización xa se está facendo con éxito en moitos concellos, ao optimizar o servizo e reducir custes á veciñanza por supresión do marxe empresarial.
  • FINALMENTE, CONSIDERANDO QUE (1) EN 2015 VENCE O PRAZO DADO POLA UNIÓN EUROPEA PARA QUE TODAS AS AUGAS SE ATOPEN NUN ESTADO ECOLÓXICO ÓPTIMO e (2), QUE OS OBXECTIVOS DE CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS (Art. 82.1 Lei 9/2010 de Augas de Galicia) establecen no anexo II que as rias de Galiza (Cedeira é parte de Galiza) establece un máximo de 100 ufc/100 ml de coliformes fecais, o mesmo de estreptococos fecais e 500 de coliformes totais, estas cifras SON MOITO MÁIS RESTRICTIVAS que as actuais (QUE SALTAN POR ACORDOS POLÍTICOS OS MÁXIMOS DA U.E., DE XEITO QUE SANIDADE ESTABLECE O MÁXIMO EN 1500 UFC/100 ML SEN BASE CIENTÍFICA ALGUNHA, co claro obxectivo de que o máximo número de praias dean “APTAS” SEN SELO,) así como ENGADEN una ringleira de outros factoress máximos (físicos, químicos, e microcontamiñantes tóxicos): ESIXIMOS SABER QUÉ MEDIDAS SE ESTÁN ADOPTANDO DENDE O CONCELLO PARA CUMPRIR CON ESTES REQUISITOS NO 2015, AO VENCER O PRAZO DA UE.

  • Serva como exemplo, FLAGRANTE, O DERRADEIRO DATO DA CONSELLERÍA DE SANIDADE, que segundo a normativa vixente EXCEDE o nivel de contaminantes fecais da Praia da Madalena:

MOSTRA ANALÍTICA OFICIAL: DO 15 DE XULLO DE 2014: EXCESO DE BACTERIAS COLIFORMES, PORÉN, TEMOS “AUGA EXCELENTE”, DIN EMPRESAS “PRIVADAS” SEGUNDO O CONCELLO DE CEDEIRA… NUN CINISMO INADMISÍBEL.

20140715 Madalena Cedeira-1

[1] Directiva Marco da Auga da UE 2000/60/CE; Art 105.b C.E.; Art 5 e outros da Lei 27/2006 Información AmbientaL; Art 37.1 Lei 30/1992 PAC; Art. 29 RD 140/2003 Augas consumo; RD 951/2005 A. Residuais; Lei 9/2010 Augas de Galiza.

AVANCE: 10.08.2014, 12:30h. PONTE NOVA. CONCENTRACIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN DO RIO, RIA E PRAIA DE CEDEIRA

31 Xullo 2014 by

201408210 Concentración Contaminación Cedeira

ADIANTO INFORMATIVO: ADEGA, ANOVA, BNG, EU, GALIZA NOVA, SOMOSCEDEIRA E TODO AQUEL QUE SINTA QUE DEBA FACER ALGO A PROL DO RIO, RIA E PRAIA DE CEDEIRA, CONVOCAMOS A CONCENTRACIÓN CÍVICA PARA O VINDEIRO DOMINGO 10 DE AGOSTO AS 12:30 NA PONTE NOVA. IREMOS INFORMANDO POLO MIUDO NO BLOGUE DE SOMOSCEDEIRA, OLLAPARO, E NAS REDES SOCIAIS. COMPARTÍDEO SE O TEDES A BEN, E ACUDIDE EN PERSOA Á CONCENTRACIÓN SE VOS PARECE AXEITADO.

DISTRIBUÍDE E COMPARTIDE O ENLACE (copiar e pegar) AO CARTAZ ENTRE TODOS OS VOSOS CONTACTOS, CANTOS MÁIS NOS XUNTEMOS, MELLOR :)

PREME AQUI

OU COPIA E PEGA O ENLACE AOS TEUS CONTACTOS:

http://cl.ly/0y2M2Z3h2515/201408210%20Concentracio%CC%81n%20Contaminacio%CC%81n%20RIO%20RIA%20PRAIA%20Cedeira.pdf

 

GRAZAS A TODOS

 

O peor episodio de merda no río, ría, e praia de Cedeira nunca antes visto

6 Xullo 2014 by

A xente que ía e viña polas pontes ficaba abraiada. O río Condomiñas color merda, como que merda era a que baixaba e se espaballaba pola ría ata San Isidro. Chamamos ao 112, á Garda Civil etc… dixeron que todo estaba controlado, que era unha avaría (perdimos a conta das supostas avarías) da depuradora que non depura, pero pola que pagamos incluso a “limpeza” da auga que non consumimos. Non é de tolos, non, e de LADRÓNS cobrar por servizos non prestados. As cousas claras.

Algún veraneante achegouse a nós para advertirnos, na beira do mar, que tivéramos coidado con pisar esas bolas de merda e graxa… démoslle as grazas polo aviso e dixémoslle que levamos moito nesta loita. Que mentres un queren agochar a merda ata que estoupa, nós queremos amañar os problemas, comenzando por investigar dende o principio que pasou con esa depuradora, totalmente insuficiente para as necesidades de Cedeira… e xa nos chegaron comentarios fiábeis, e desacougantes… máis de mesmo, máis merda, neste cazo (si, cazo), posiblemente haxa máis merda que no río. Para sair de dúbidas, investíguese.

Bolas, merda e graxa rio e praia de Cedeira, en pleno comezo do verán de 2014

É tan indignante e sobran os comentarios.

Agardamos que as forzas de seguridade e de control ambiental e sanitario, así como as fiscalías actúen contra este FLAGRANTE DELICTO AMBIENTAL que non pode quedar impune unha vez máis.

Ou é que o desleixo da administración está por riba das leises…?

BASTA XA DA ARROGANCIA PREPOTENTE!

Nós seguiremos atentos aos acontecementos, probablemente saian na prensa dicindo que non pasou nada, pero fixemos moreas de fotos e vídeos, e o fedor témolos ata nos dedos que escriben isto, pois non deu tempo nin a lavar as mans.

PD.- Dado que en todo o tempo que estivemos na praia e río ningunha autoridade prohibiu (nin veu), RECOMENDAMOS NON bañarse polos menos nuns días, a ver que pasa, se fan analíticas científicas e non de comenencia, e velos datos.

 

 

 

Remataron as obras na praia da Madalena. Seguro?

2 Xullo 2014 by
Sen comentarios. (Fotos de Galiza Nova Cedeira).

Desfeita impune, sobran comentarios. (fotos de Galiza Nova Cedeira)

 

Hoxe publica a La Voz de Galicia na súa edición de Ferrol un artigo onde di que remataron as obras na praia da Madalena (premer aqui). Di que se “invertiron” (nós dicimos desbaldiron, tiraron ao mar, iso non é investir) 250.000 euros na citada obra, na que finalmente “non houbo” que dragar area da ría segundo os responsábeis da Demarcación de Costas en Galiza e do Concello de Cedeira.

Velaí van algunhas cuestións de sentido común a ver se alguén as responde:

  • Se non houbo que sacar area da ría, pero foron quenes de rechear a que faltaba para facer un tobogán que suavice o cantil durante o verán… de onde saliu esa area? Maxia popular?
  • Toda maxia ten truco: A area que temos agora no tobogán era a que no inverno pasado estaba inaccesíbel ao mar bravo no alto da duna. Xa o ano pasado dixemos no Olláparo que podían argallar canto quixeran pola beira, sobre todo limpar os pelouros polo risco de accidentes, pero que non tocaran a duna alta sen facer antes os preceptivos estudos. Nin caso. Temos moreas de fotos onde se ve que o que fixeron foi espallar a area alta e facer un tobogán que durará o que tarden en vir os temporais.
  • Por sorte, non dragaron os fondos da ría… Estamos convencidos de que as concentracións, actos e denuncias sólidas e argumentadas feitas en marzo e abril tanto por SomosCedeira e ADEGA, como xuntos có BNG, Esquerda Unida, ANOVA e Galiza Nova serviron de moito ata o punto de que Costas veuse na encrucillada de enlearse xudicialmente ou recuar. Recuou.
  • Non punto anterior debemos recoñecer que botamos de menos o apoio de máis forzas de Cedeira, de máis colectivos, pero todo se andará. O camiño iniciado é irreversíbel. Os que “mandan” non o recoñecerán xamáis, pero tanto nos ten: acadamos que a ría de Cedeira non fóra violada impunemente, saltando as leises unha vez máis. Se a ría de Cedeira é reserva mariña, eo para todo.
  • Ademáis, como dicia o cantautor Joaquín Sabina, pasará o verán, e “o outono durará o que tarde en chegar o inverno”. E cando este chegue, os primeiros temporais atoparan acceso a unha area á que antes non acadaban por estar no alto, e irán sumindo nela. Agás que o vindeiro inverno sexa frouxo, un día calquera asomarán de novo os paus que chantaron nas parte máis alta, onde xa non facia falta pois nin os peores temporais destes duros invernos foron quenes de escarabellar neses niveis. Trapalladas impunes cos nosos cartos.
  • Entón, para que serven os tronquiños? Para nada, ou para moi pouco, agás a medio-longo prazo co ascenso do nivel do mar por mor do quencemento global. Pero non serivrán de nada nos temporais destes anos inmediatos, habendo ademáis un dano complementario: o cantil será máis baixo porque a area que tiña espallárona nestes meses para facer o fuxidío tobogán estival.
  • O tempo o dirá e poderemos reler este post: No inverno asomarán de novo os paus, o noiro será baixo ao faltarlle a area que irresponsablemente se quitaron á duna e puxeron nos niveis baixos a disposición do mar. Xa que logo, cómpre preguntarse que farán nos vindeiros anos, pois xa non poden seguir rabuñando area do noiro ao haber menos, ¿de onde a van a quitar?
  • Tamén nos preguntamos en que medida esta actuación interviu nas CAUSAS REAIS do problema? En ningunha. Só é un apaño estético mal feito de duración moi limitada, xa que logo, de 250.000 euros investidos nada: DESPILFARRO PURO “A CAZOS”…
  • Outro aspecto moi importante é: Se ían a desbaldir todos eses cartos (que según as hemerotecas incluía o dragado de parte da ría), e ese dragado non é gratis nin se fixo, cabe supor que estaría orzamentado. Xa que logo, tiveron que sobrar cartos, moitos, porque incuestionábelmente dragar sería unha intervención moi cara, pola enerxía e medios que require. Podería alguén explicarnos onde van eses cartos froito do non-dragado final?
  •  Se a resposta é que se gastou esa animalada en chantar troncos e destragar a duna alta, entón mellor que calen, non os vaian a escoitar dende instancias xudiciais… Para iso darlle traballo ás empresas locais, que non saberemos facer avións, pero chantar troncos e espallar area si, e moito máis barato…

Vergoñento, e coma sempre de xeito arbitrario e sen ter en conta aos axentes sociais e á veciñanza. Cando chegue o inverno, e con el os temporais, teremos tempo para facermos as contas, informar ao pobo, e que el decida, en maio, cando teñan a oportunidade de votar nun sistema cada vez máis viciado, ata que todo estoupe.

Non se pode ir de arrogantes pola vida, interpretando a vida política como a suma de intereses particulares, senón por accións sensatas polo ben común, sen perder nunca de vista que os que gobernan non mandan, manda o pobo e deben facer aquilo que dixeron e polo que foron elexidos.

PD.- ¿Qué foi do surrealista proxecto de facer un dique dende o río ata a altura do bar de Ramón? Fixemos alegacións xunto con ADEGA e nunca máis soubemos. Na web do MAGRAMA tampouco hai nova algunha. Está claro que fan e desfán como lles peta. Ollade a foto ao pé para lembrarvos ou revisade este blogue.

“A lei non é outra cousa que a comenencia do máis forte”, frase atribuída a Platón. Pero: ¿son realmente os máis fortes?

Plano de Costas do proxecto de outono de 2013

Plano de Costas do proxecto de outono de 2013

 

 

SomosCedeira cumpre un ano nesta noite meiga

23 Xuño 2014 by

20140623-090048-32448590.jpg

Na noite meiga do San Xoán, cando os únicos lumes do ben común, da socialización, se espallan por Galiza, SomosCedeira, a modesta plataforma virtual que medrou ao abeiro das novas posibilidades brindadas polo chamado internet 2.0, cumpre un ano.

Non imos facer balance algún. Neste mesmo blog, quén o desexe, non ten máis que botarlle unha ollada á ringleira de entradas, para ver que traballar, traballamos arreo.

Porén, tamén é certo que apenas nada acadamos (na tesitura do absolutismo que vivimos a todas as escalas), pero informamos á xente de Cedeira de moitas cousas que acontecían, fixemos denuncias personais, cos nosos propios nomes, e tamén accións conxuntas, no só nos teclados, senón na vida real, e coa revista Ollaparo de Cedeira e a esquerda real, galeguista e nacionalista.

O verán pasado o traballo foi frenético, logo paramos tres meses e volvimos máis amodo, sabedores que a chave deste rompetestas non a temos nós.

Tédela vós, que tamén sodes/somos/cedeira.

Fomos os primeiros en pechar textos dicindo “todos podemos todo”, e así segue sendo, malia que agora esa expresión pode vencellarse a historias alleas á nosa andaina.

Non agardábamos durar tanto neste “experimento”, pero aqui estamos: Cedeira foi pioneira nun novo xeito de democracia participativa incipiente e a semente prendeu. Menos contabamos aínda con acadar máis de 15.000 entradas no blogue, ser citados en medios de prestixio, centos de amigos nas redes sociais, etc… Así que seguiremos. Preséntase un verán movido polo desleixo das autoridades incompententes, un inverno duro…

Grazas por seguirnos e polos azos recibidos para continuar cando as malleiras da prepotencia arrogante do mediocre poder nos deixaba baldados.

Pero virá a primavera. Para todas e todos.

Grazas!!!

SomosCedeira – Catro Ghatos Team

20140623-174148-63708032.jpg


Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 1.072 segidores

%d bloggers like this: